Ángeles Mera Costas, Avogada/Ángeles Mera Costas, Abogada

Ángeles Mera Costas, Avogada/Ángeles Mera Costas, Abogada Zona de alcance: Santiago y Vigo, fundamentalmente.
Área de trabajo: Derecho penal, laboral, civil y administrativo. Mercantil. Servicios de Mediación.

08/03/2021
29/05/2020

✅ RECOMENDACIÓNS E NORMAS DE ACCESO E MOBILIDADE NA SEDE DOS XULGADOS DE SANTIAGO PARA OS LETRADOS/AS, EN CONFORMIDADE CO DECANATO DOS XULGADOS:

👉 Estas recomendacións, e nalgún caso normas de obrigado cumprimento (como é o caso do uso de máscaras), teñen como finalidade organizar o acceso e a mobilidade dos avogados dunha maneira ordenada nas sedes dos xulgados de Santiago de Compostela no marco da normativa sanitaria e preventiva establecida como consecuencia da pandemia do Covid-19.

👉 Teñen carácter transitorio e apelan á colaboración do noso colectivo na situación extraordinaria na que vivimos, logo de seren previamente consensuadas (no caso das recomendacións) e interpretadas de forma conxunta (no caso das normas), co Decanato dos xulgados de Santiago de Compostela.

1. Os avogados/as accederán ás sedes xudiciais só nos casos en que teñan sinalada algunha actuación xudicial ou concertada unha entrevista con carácter previo con algún funcionario.

2. No caso anterior, os avogados procurarán acceder ás sedes xudiciais cunha antelación máxima non superior aos 15 minutos da hora sinalada para a actuación ou entrevista. É recomendable que leven consigo o carné colexial e a citación, para os efectos de que o persoal de seguridade lles permita o acceso, lles indique o percorrido que seguir ata o lugar en que se realice a actuación e o lugar onde deben realizar a espera.

3. Os avogados deberán acceder cunha máscara. Para o caso de que excepcionalmente non a tivesen no momento do acceso, poderán solicitala chamando ao teléfono 981 572 373, que corresponde á oficina do Colexio nos xulgados, e agardar no exterior ata que o empregado do Colexio lle entregue unha.

4. Pasado o control de acceso, deberan lavar as mans con xel hidroalcólico, cuxos dispensadores están situados no centro do hall de entrada e ao lado dos ascensores da planta baixa.

5. Os avogados dirixiranse ao lugar onde deban realizar a actuación profesional conforme as indicacións do persoal de seguridade e evitarán en todo momento deambular innecesariamente pola sede xudicial.

6. Os avogados están dispensados do uso de toga en todas as actuacións xudiciais, polo que se cancelou o seu préstamo. O acceso ao local do Colexio queda limitado ao uso das máquinas dispensadoras (tres persoas máximo) e o uso da máquina fotocopiadora, que para tal efecto só será manipulada polo empregado do Colexio a quen se solicitarán as copias a través da ventá situada no hall do edificio.

7. Faise necesario limitar o uso dos ordenadores situados dentro do local colexial, polo que o seu uso quedará reducido ás actuacións urxentes ante o xulgado de garda. Nestes casos os avogados deberán facer uso do xel hidroalcólico (que se porá á súa disposición) antes de iniciar o seu uso.

8. Os avogados recomendarán aos seus clientes que eviten levar acompañantes e solicitarán aos peritos e testemuñas que non accedan á sede xudicial antes da hora fixada para a actuación. Con carácter xeral só accederán á sede xudicial
no momento en que se inicie a súa actuación (aínda para o caso de que esta se atrase) e, unha vez no interior, deberán permanecer na zona acoutada, evitando deambular polo edificio.

9. Rematada a vista ou a actuación profesional, procurarán abandonar a sede xudicial coa maior brevidade posible.

10. Recoméndase aos avogados que, polo momento, o acceso aos expedientes xudiciais se faga a través do procurador actuante nestes. O acceso directo quedará limitado só aos casos en que non haxa procurador actuante ou nos casos de urxencia; evitando na medida do posible o acceso ás oficinas xudiciais.

11. Por parte do Decanato dos xulgados de Santiago, arbitraranse as instrucións necesarias aos funcionarios e ao persoal de seguridade, así como a sinalización e medidas de protección para os efectos de axilizar a actividade xudicial, dentro do respecto ás medidas de prevención e protección necesarias, interesando dos avogados que presten especial atención a estas e colaboren na súa correcta aplicación.

12. Prégase a todos os compañeiros que, no caso de que advirtan ou observen a necesidade de alterar ou complementar estas recomendacións, o comuniquen ao Colexio co fin de consensualas co Decanato dos xulgados de Santiago.

😀GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

24/05/2020

Xunta de Galicia
Coronavirus

Normas a partir de este lunes

Feliz día a todos.
17/05/2020

Feliz día a todos.

27/03/2020
14/03/2020

Seguindo as recomendacións sanitarias, polo momento permaneceremos pechados ao público e traballaremos dende casa. Igualmente atenderemos os temas urxentes e que non poidan agardar e, por suposto, o noso teléfono e o correo electrónico seguirán operativos.
Moito ánimo estes días e vivide con responsabilidade.

Bo Nadal para todos. Que o disfrutedes moito. 💖🥂🌠
24/12/2019

Bo Nadal para todos. Que o disfrutedes moito. 💖🥂🌠

Dirección

Rúa Do Franco, 21
Santiago De Compostela
15702

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Ángeles Mera Costas, Avogada/Ángeles Mera Costas, Abogada publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Ángeles Mera Costas, Avogada/Ángeles Mera Costas, Abogada:

Compartir